Resolución do 23 de febreiro de 2009 pola que se aproban as bases que rexerán a convocatoria pública de dezasete bolsas de colaboración en proxectos de investigación que se están a desenvolver no Consello da Cultura Galega e se anuncia a súa convocatoria.

Duración:
A duración da bolsa será de 9 meses, comprendidos entre o 1 de abril e o 31 de decembro de 2009.

Dotación:
Unha asignación mensual de oitocentos cincuenta euros (850 €), coa retención fiscal que corresponda, que será incompatible con calquera outra axuda ou actividade remunerada.

Bolsas:
1. Dúas bolsas para colaborar no programa Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia
2. Dúas bolsas para colaborar na Área de Xestión Cultural
3. Dúas bolsas para colaborar no programa Arquivo de Comunicación
4. Dúas bolsas para colaborar no programa Arquivo Sonoro de Galicia
5. Dúas bolsas para colaborar no web corporativo do Consello da Cultura Galega
6. Unha bolsa para colaborar na Área de Publicacións
7. Dúas bolsas para colaborar na Área de Documentación
8. Unha bolsa para colaborar na Área de Informes
9. Dúas bolsas para colaborar no programa Arquivo da Emigración Galega
10. Unha bolsa para colaborar no Proxecto Sarmiento

Prazos:
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria (martes, 3 de marzo de 2009) no Diario Oficial de Galicia.

Máis info:
http://www.xunta.es/Dog/Dog2009.nsf/FichaContenido/C5AE?OpenDocument

Bolsas de colaboración en proxectos de investigación
Enviar comentario
Categorías
Berio Molina