A Consellaría de Cultura e Deporte acaba de crear as bolsas de investigación sobre o patrimonio da arte contemporánea galega. Por primeira vez, a Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural destina unha partida económica de 48.000 euros a este tipo de axudas, cuxas bases vai establecer o Consello da Xunta para así proceder a súa convocatoria.

O Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) converterase no escenario onde os bolseiros desenvolverán os seus labores coordinados polo persoal técnico do centro. Cunha duración de doce meses, estas axudas de carácter bianual contarán cun investimento de 48.000 euros a repartir entre este ano e o 2008. O importe de cada bolsa non excederá a cantidade de 6.000 euros anuais por solicitante.
+ info

Enviar comentario
Categorías
Isaac Cordal