Dentro do Plan de Promoción, o Consorcio Audiovisual de Galicia convoca por quinto ano consecutivo as bolsas de estudo para a ampliación ou o perfeccionamento destinadas a profesionais do eido audiovisual.

O anuncio desta resolución publicouse o martes, 20 de marzo, no número 56 do Diario Oficial de Galicia, polo que o prazo de presentación de solicitudes rematará o xoves, 19 de abril, de 2007.

As actividades formativas, que se poden realizar en centros de España ou do estranxeiro, deberán rematar dentro do primeiro trimestre de 2008, aceptándose aquelas que comezaran no último cuadrimestre de 2006. Quedan excluídos os cursos on-line e os destinados á obtención dunha licenciatura, diplomatura ou título de doutoramento. Tampouco se poderá conceder máis dunha axuda por solicitante.

No 2003 o importe destinado ás bolsas foi de 18.000 €, cifra se incrementou nas edicións posteriores ata os 30.000 € actuais, o que permite cubrir, ademais do importe da matrícula, outros gastos relacionados co desprazamento e a estancia dos bolseiros ás cidades onde realizan a actividade pola que lle foi concedida a bolsa.

Máis info na páxina do Consorcio Audiovisual de Galicia

Enviar comentario
Categorías
Berio Molina