Breaking the silence
mércores, 15 de xullo do 2009, por Isaac Cordal.

Hoxe en El país publícase un artigo que fai referencia o traballo de investigación da ONG de Israel Breaking the silence no que se recollen testemuños de soldados israelíes que participaron na invasión de Gaza o pasado Decembro-Xaneiro. Durante 22 días no que o exército israelí cebouse coa poboación de Gaza reducindo a súas vivendas e futuro en cascallos. 50000 casas, 200 escolas e case un millar de fábricas foron danadas ou convertidas en ruínas. 1400 palestinos perderon a vida.


"démonos conta de que esta vez non se trataba dunha campaña, senón dunha guerra na que che quitas as luvas... As consideracións que estabamos afeitos escoitar sobre as regras de combate, e os esforzos por non danar a inocentes non se escoitaron esta vez. Ao contrario... Un comandante díxonos que non habería segundos pensamentos sobre calquera ameaza, real ou imaxinaria, que puidésemos sentir... A idea era abrir fogo e non intentar considerar as repercusións. Ante calquera obstáculo, ante calquera problema, abrimos fogo e non facemos preguntas. Se hai un vehículo no camiño, esmágase; se hai un edificio bombardéase. Este é o espírito que se transmitiu durante o adestramento"
relata o sarxento Amir, único soldado que da o seu nome nos testimonios.

Ler testimonios completos (Inglés).

Ler artigo El país.

Ver vídeo de Inigo Gilmore publicado en The Guardian

Gaza: Os pobres e os esquecidos
Case seis meses logo da devastadora guerra en Gaza, os palestinos seguen vivindo no medio dos cascallos.

Enviar comentario
Categorías
Isaac Cordal