Buscador de alg-a para firefox
venres, 18 de agosto do 2006, por Berio Molina.

Acabamos de desenvolver un plugin de búsqueda para firefox que accede directamente ós contidos de alg-a. Para instalalo tes que ir a esta web: http://mycroft.mozdev.org/ , e donde pon site name, poñedes alg-a, aparecéndovos a continuación a ligazón para instalar o plugin.

Unha vez instalado, para utilizalo, só tes que darlle a un pequeno triangulo que aparece no buscador superior de google, e seleccionar o icono de alg-a. Escribimos a palabra que queremos procurar, e aparece directamente na páxina de alg-a.

Esperamos que o disfrutedes.

Enviar comentario