C0MP0ST3L4!! tecnologia do espírito
venres, 9 de maio do 2014, por Alg-a.

O espazo público é un espazo social mais, é tamén un espazo cultural, cognitivo, espiritual? Poderiamos dicir que é un espazo virtual, en tanto que virtuoso e xerador de potencias e novas posibilidades. A tecnoloxía pode server para comunicarnos, nunha nova era dixital da información, mais tamén debera server para interconectarnos a outro nivel, según outra interactividade: radiografar o sutil, propiciar un ecosistema sensíbel e intelixente, xerar un scanner en tempo real do instante, xugo de tradición e futuro. A C0MP0ST3L4!! que aquí plantexamos é este interfaz tecnolóxico-espiritual: grado cero do tempo, algoritmo de infinitos espellos, non-lugar fóra dos mapas físicos, instauración de memoria e desexo. C0MP0ST3L4!!: instante espectral en Alta Definición, choro da besta ao arrancarse das tebras: voz, autoconciencia, desprego (desenvolvemento/evolución). Constelación de rasgos que configuran un rostro, labirinto de rúas, pegadas sen fin, o baleiro á espera, máscaras debaixo das máscaras...

Enviar comentario
Categorías
Alg-a