CARLOS CASTRO ROIG 20-10-2009

Imparte docencia en Vigo dende o ano 87, actualmente no Conservatorio Superior.

Xunto a Sol Bordas e dentro do Relatorio de Música do Consello da Cultura Galega publicou "O Centro Integrado de Música", así como o libriño de arranxos de música popular "Catro cancións para instrumentos de Láminas" (publicado pola Fundación Mayeusis), e unha metodoloxía para principiantes na percusión, “esto é percusión!” (publicada por Dos Acordes).

Ten colaborado en orquestras sinfónicas, bandas e grupos de rock, folk, jazz, etc.

Tamén participou como compositor e intérprete en música para publicidade, teatro, cine e TV.

De entre as case 50 gravacións feitas entre LPs e CDs, están a maioría dos grupos actuais de música galega, así como 2 discos gravados polos alumnos do Conservatorio.

Forma parte do grupo folk: Fía na Roca, e participa tamén con Xosé Manuel Budiño, os grupos Martín Códax, Resonet e Meendinho de música antiga, a orquestra OMEGA de improvisación e Catroventos (Fusión Urbana Contemporánea).

Foro con subscrición

Para participar neste foro, ten que se rexistrar con anterioridade. Escriba aquí embaixo o identificador persoal que recibiu. Se aínda non se rexistrou, débeo facer inscribirse.

ConexiónInscribirseesqueceu a chave?