O CGAC xa ten a súa web actualizada.
1 febreiro - 1 abril
REXISTROS E HÁBITOS. MÁQUINA DO TEMPO / IMAXES DO ESPAZO
Como toda posta en común "posta en escena" de traballos artísticos diversos, a exposición Rexistros e hábitos. Máquina de tempo / Imaxes de espazo require a definición duns límites que doten de sentido á súa presentación, co fin de potenciar as individualidades e ao tempo revelar as posibles tensións derivadas dunha proximidade provisional. No inicio non había un guión preciso, máis ben unha pregunta, unha urxencia de intentar definir os modos en que rexistramos o tempo e as historias, da que se deriva outra interrogación sobre cómo ocupamos, cómo habitamos o espazo, os espazos.
8 febreiro - 10 xuño
MAPAS, COSMOGONÍAS E PUNTOS DE REFERENCIA
Mediante metáforas como mapa, plano, cosmogonía, puntos de referencia ou carta de navegación, que permite orientarse de noite ou nunha tormenta, esta exposición trata de pór sobre a mesa algúns dos novos criterios que unha colección debe manexar de maneira axeitada para atender ao presente.
13 marzo - 29 abril
O DEBUXO NAS COLECCIÓN PÚBLICAS DE SANTIAGO
O debuxo tense considerado unha obra menor ou un bosquexo para a verdadeira obra que logo será a escultura, a pintura ou a instalación. Esta minusvaloración de debuxo fai que quede relegado nas coleccións dos museos e/ou particulares e non se coñeza toda a súa valía como xerador de pensamento e práctica troncal na produción de moitos artistas.
A verdade é que xa tardaba en aparecer a nova páxina do CGAC, pero bueno, ó fin está ahí.
Nótanse en falta certas ferramentas de cara ó usuario, que poidan facilitar ó acceso á información das actividades do cgac, como son un canal rss ó que subscribirse, e unha lista de distribución, na liña da páxina do proxecto edición, que por certo non se atopa linkeado non nomeado na páxina, así como tampouco se atopa o espazo documental
Haberá que estar pendentes en ver como evoluciona.