CONVOCATORIA BECAS DE POSGRADO 2010
mércores, 30 de decembro do 2009, por Isaac Cordal.
categorías: Convocatorias

A Fundación Pedro Barrié de la Maza é unha entidade sen ánimo de lucro, de carácter privado, dedicada a promover o desenvolvemento de Galicia desde unha perspectiva global. Creada en 1966 ten dedicado a súa atención prioritaria á educación. Neste marco convoca a vixésimo primeira edición do programa de bolsas de posgrao no estranxeiro co obxectivo de apoiar mozos titulados universitarios vinculados a Galicia que teñan un proxecto académico, investigador ou profesional claro e de interese para a comunidade, e que estean altamente motivados para facelo realidade a través de programas de formación de posgrao ou estadías de investigación nos mellores centros educativos e investigadores do mundo. Búscanse licenciados/máster/doutores con excelente traxectoria académica, investigadora e/ou profesional, dominio da lingua de traballo no centro de destino, vinculación con Galicia e un proxecto claro e con potencial de retorno social.

1 DE XANEIRO DE 2010 ATA 31 DE MARZO DE 2010

A Fundación Pedro Barrié de la Maza ofrece 32 bolsas para a realización a tempo completo de:
- programas de máster (18 meses máximo), doutorado (27 meses máximo) ou realización de estadías de investigación posdoutoral (entre 12 e 18 meses). Tamén se admitirán en función do interese do tema e da valía do candidato estadías de investigación científica aínda que non conduzcan ás citadas titulacións (entre 12 e 18 meses)
- nos mellores centros académicos e investigadores dos Estados Unidos, Europa (agás España) e Asia (máster, preferentemente MBA).

+ info

Enviar comentario
Categorías
Isaac Cordal