4º ENCONTRO INTERNACIONAL INCLUSIVA-NET: REDES E PROCESOS P2P
Seminario Internacional

Admisión de comunicacións ata o 31 de maio de 2009
Datas: Do 6 ao 10 de xullo de 2009 en Medialab-Prado (Madrid, España)
Ver anteriores edicións de Inclusiva-net.

Medialab-Prado convoca á presentación de traballos teóricos para o 4º Encontro Internacional Inclusiva-net, centrado na análise das redes e procesos en rede "de igual a igual", así como nos potenciais sociais que albergan os sistemas cooperativos baseados nas estruturas e dinámicas propias deste tipo de redes.

As comunicacións seleccionadas serán presentadas publicamente no marco dun programa que contará tamén con relatores invitados e mesas de debate.

Abordásense cuestións como a democratización do acceso aos contidos culturais, os conflitos legais entre institucións e redes P2P, as aplicacións educativas e artísticas, o papel destes procesos no contexto dos países emerxentes, así como todas aquelas perspectivas que fagan posible unha reflexión máis ampla acerca das dinámicas propias das redes P2P .

Máis información e envío de propostas:
http://medialab-prado.es/inclusiva-net

Contacto: inclusiva2009 [arroba] medialab-prado.es

Enviar comentario
Categorías
Isaac Cordal