Creación de Obxectos Sonoros Inauditos
mércores, 11 de xuño do 2014, por madamme.

PROGRAMA

  • Introdución. Demostración de diversos instrumentos, videos e imaxes.
  • Sons Reciclados: dende a rama dunha árbore até refugallo dunha bici.
  • Construción de micrófonos de contacto e cables de conexión.
  • Experimentación sonora con materiais e micrófonos de contacto.
  • Recoller obxectos, recoñecer materiais, comprender as caixas acústicas.
  • Instrumentos preparados: Novos sons para instrumentos antigos.
  • Circuit Bending: curto circuíto aplicado
  • Estratexias electrónicas sinxelas.
  • Electromecánica; motores, vibración, autómatas sonoros.
  • Altofalante preparado: Facendo música con retroacción.

MATERIAIS E FERRAMENTAS
O percorrido sonoro proposto privilexia a utilización de materiais naturais, reciclados e recuperados, principalmente aqueles dispoñibles nos arredores onde se desenvolve o laboratorio e outros recollidos polos alumnos.

Tamén se utilizan algúns materiais básicos como fío de nailon, fita adhesiva, fío harmónico aceirados, baquetas de madeira flexible, bidóns de lata de dimensións variadas, tubos de PVC flexibles, leguminosas secas (lentellas, arroz, etc.), ou calquera outro material de uso común con propiedades sonoras interesantes.

ATENCIÓN !! Suxírese aos participantes recoller materiais e obxectos servíbeis ou inservíbeis que encontren no seu ámbito, adaptadores de corrente, madeira, teléfonos, xoguetes vellos, radios vellas, altofalantes, etc, etc. Ademais de ferramentas como trade, serra de madeira, desaparafusadores, martelos, pinzas, etc, etc. Isto axilizase moito o desenvolvemento do traballo.

Enviar comentario