CRÓNICA PARADEROS E CONNECTORES
xoves, 21 de xaneiro do 2010, por madamme, nela que.

Todavía baixo o influxo do equinoccio de outono, os alg-as Muñoz e Rubiralta confluimos nas 2as xornadas de Arquitecturas Colectivas, desenroladas como sabedes en varios puntos de Catalonia e paralelamente en Sevilla. Eiquí unha pequena memoria.

JPEG - 62.9 KB

Día 1 _ 21.30h: Alunizaxe no espacio sideral da Alien Nación de Nautarquía, na Más Pedroses de Quico en San Pere de Torelló, xa nas estribacións dos Pirineus.

Nada máis chegar, birrita e ao choio: tra-la presentación da especialista en algas Lupe Bioforum na Nave Lanzadera, escoitamos a Paula de Vi-bok falando do libro colectivo Clash!, ensaio-ficción-poesía inspirada nos proxectos pertencentes á iniciativa “Camiones, Contenedores, Colectivos” e ónde apórtase doumentación inédita (mails con Cirugeda, anuncios no diario, fotos, etc) referente ao proceso de posta en marcha do Alg-a lab.

Seguidamente na galaxia Cuerpo, David Cuinas y señora Rubiralta se encargaron de habituallar ás necesidades primarias (non todas..) dos corpos dos aprox 50 visitantes. Xa de novo na Nau, proxección de Spanish Dr€ams, docu-análise-contra-información sobre a suposta crise e a burbulla inmobiliaria dirixido por Guille, actualmente adicado á grabación dun documental sobre a rede de containers, e tamén mergullado na procura do Carpincho, extraño ser parente do chupacabras e protagonista dalgunhas lendas marmuladoras da zona.

Día 2 _ 10.15h: Expedición Girona

No cerne do impoluto plató- Barri Vell érguese cun par de huevos o Niu (nido), fermosa hernia saída dun antic nobre edificio-museo supercéntric financiada polo Bolit- Centre d’Art Contemporani de Girona, espai que xa escoitaron os nosos Chiu e cía, e cuia vida útil estímase en 6 meses, data das próximas eleccións municipais. Coma Diana comentaba,
...as institucións tamén se apuntan á deriva situacionista...

Na aula prefabricat introducción de Santi, apresentaçao d Alg-a e mini debate-exaltación sobre a beleza do feísmo-estética espontánea, promovido en parte pola “sinceridade” visual dos nosos queridos módulos jeje...

Trala aparición do concepto censura espacial (Luz), fomos a manjar non poidendo esquivar a censura metabólica.

16.30h: Rambla de Figueres: Visita á Wikiplaza do colectivo hackitecture, programada no festival Ingrávid. Brutal o sistema operativo-conectivo da cúpula geodésica portátil: tdts, streaming, rede livre de wifi, nenos manexando arduinoxogos, talleres de salud mental, etc.

E máis presentacións: Coloco (Pablo + Claudia + Luz) nos falaron das súas experiencias creando xardíns en diferentes urbes e lugares do planeta. Rebueno cómo desenrolaban macro espacios a partires de detalles coma o “rego por goteo” dun aparato vello de aire acondicionado, microecosistemas que emerxen nos buracos nas tuberías e outras vexetacións colonizantes.

De seguido, Iñigo de Lurpaisajistak voltou a poñer enriba da mesa a beleza da estética espontánea, desta vez maridando feísmo con cheirismo na pulcra cidade de San Sebastián, instalando en Arteleku fermosos xardíns-proceso, partindo de fardos de palla e sementes de cabazos sometidos a un longo proceso de descomposición e deixando á natureza seguir o seu decurso. Lástima que os guardas do museo remataron prendendo lume ao ecosistema despois dun pestilente verquido ao río, ecolóxico por suposto...

Falando de espontaneidade, nun momento de descuido colleu o micro Isidoro, espectador autoconvertido en usuario por collóns que propuña unha interesante dimensión xeobiolóxica na construcción dos xardíns, tendo en conta parámetros tipo redes Hartmann, acuíferos subterráneos, etc.

Fíxonos unha demostración co seu péndulo de porqué algúns árbores da rambla de Figueres estaban extrañamente revirados, mentres Luka fixo a súa palestra da cal non nos poidemos enterar.

Posteriormente á proxección do ducu “ El taxista ful” adicámonos a apoiar con firmas e gintonics a continuidade do mítico “Café Royal” de Figueres, en inminente perigo de transformarse nun Mac Donald´s.

De regreso ao planeta-masía, e cando todo parecía rematar, a nosa Mar-uxiña espetou un tremendo golpe na mesa ao tempo de: de aquí no se va ni dios!!!
Al momento, unha reencarnación de Muñoz en King Africa xunto con Eva Ghalisia nos tambores iniciaron a primeira viaxe colectiva da rede de containers fora da materia.
amaneceerrrr

Día 3: Xornada adicada á vivenda e as súas problemáticas. Presentaron V de Vivienda,
M-etxea e Sostre Cívic, asociación que desenrola proxectos alternativos de acceso á vivenda baseados en Modelos de Cooperativas de Uso (MCU), microcréditos, etc.

Despois da paella e do fideuá, volta á Cúpula del Trueno:

Comezou o caldo de cultivo de Künstainer, quenes despois dun arduo traballo burocrático conseguiron instalar un container nun parque de Tarragona. De novo final tráxico: as lapas levaron nuns minutos o traballo de meses, máis coma eles dín, .. a enerxía sólo se transforma..

Depois apareceu José, curiosa mistura de hipi e gañador de premios de innovación empresarial, que despois de deixarnos claro que non era sobriño do alcalde de Costuera, contounos o estado actual da montaxe duns containers nun parque da vila e entreoutras explicounos como se poden desmontar enormes silos abandoados de 20 m de altura cunha chave do 17.

De novo Coloco presentou un mega proxecto en proceso, Momento Monumento, consistente na re-habilitación conxuntamente con colctivos de Brasil dun rañaceos abandoado de 27 pisos no centro de Sao Paulo, co fin de reconvertilo en vivenda, laboratorio, locais sociais, 27 etcs.

Durante a charla Pablo e Luz explicáron-nos a complexidade de trballar cun ministerio d cultura que dispón de tan só 10 millóns de euros anuais de orzamento. A súa baza, coma case sempre, a implicación total de muitos colectivos brasileiros, especialmente o Movemento sen Teto, protagonista do fermoso documento “Días de Festa” sobre a luta e a resistencia na precariedade “de verdade” que se proxectou despois na Nau.

Cena-buffet, tranformación da masía nun furancho e entre aturuxos de novo entonouse o amanecerrr.

Día 4: Presentacións por la Fundició de Espaider3, fermoso proxecto educativo ex-sito nun container a carón dun instituto, habilitado e autoxestionado polos propios rapaces e utilizado coma local social da súa asociación. Naturalmente, a bofia de Esplugues precintouno por cuestións de “seguridade”. Actualmente o container forma parte da Nave Lanzadera de Nautarquía. Por suposto os chics da La Fundició coa súa nova incorporación Candela continúan na resistencia.

A continuación, Esta es una Plaza, un proxecto de re-habilitación dun solar municipal abandonado no centro de Lavapiés en Madrid. De novo o desaloxo e de novo o apoio dos veciños decisivo para seguir adiante, esta vez con posibilidade de crear un precedente en Madrid de cesión temporal municipal legal dun terreno. En alg-a estivemos a piques...

E xa pra rematar, streaming con Sevilla, dende a visionaria Pista Digital de Salud, que xa botara unha siesta no canizo do alg-a lab. Unha revolucionaria cidade da cultura nómada, que esperamos algún día lle faga a competencia aos coches de choque de san Campio.
Dende alí presentaron Pista Digital, Fabrica de Sombreros, la Matraka Cultural e Patio Maravillas.

Entre tanto coñecimos de pasada o proxecto Guifi.net, unha rede independente de internet baseada no dereito de todo cidadán a dispoñer da súa frecuencia no espectro electromagnético (banda cidadá). Na miña opinión, xunto co proxecto do Santi e compañía na Cañada Real d Madrid, un dos proxectos máis potentes que vin nas xornadas, pola dimensión social e a potencia da súa alternativa á impunidade das multinacionais d telecomunicacións, operadoras, lexislacións anti p2p, etc.

Xa na cena prolegómeno da esperada ramboia na Cúpula, unha potente explosión apagou todo o sistema eléctrico do Mas Pedroses. Se nos ordenou por seguridade dexaloxar a masía. Sen case darnos conta vímonos abducidos nunha surrealista alunizaxe-alucinaxe ofrecida polos Aliens de Nautarquía : Dolça, Anna, Edu, Cecilia, Equalizer & Distort e voluntarios, que nos deron algunhas ideas para conquistar planetas e asteroides varios. Xa directamente arrancou o grande perruquero-showman Perrocker e despois David Straddle aos pratos e Unai ao densing conseguimos dominar tanto á free noisse sardana coma á electromuiñeira ceibe.

Cómo conclusións, tanto Mar coma mín coincidimos en que o máis salientable deste días foi que todos saímos moi reforzados do encontro a nivel afectivo, e coa sensación de que a rede “Camiones. Contenedores e Colectivos” é unha realidade cada vez máis consolidada e máis potente, pronto máis visible coa aportación do libro de Paula e o docu de Guille.

A nivel máis de contidos, gustounos tamén que o encontro non se quedara sómentes en presentacións de proxectos de containers, senón que máis xente aportou unha vista de paxaro moi constructiva sobre a realidade das problemáticas e solucións existentes a nivel vivenda e uso do espacio público pols cidadáns.

Cómo deberes futuribles, quedou enriba da mesa, a maiores das interaccións libres entre cada nodo, pensar nun posible proxecto común colectivo máis carghado d bombo..
Estamos no tema.

Moitas gracias logho dende alg-a a David e a Santi pola invitación, e of course á xente de Nautarquía pola hospitalidade.

O vindeiro encontro no alg-a lab? jeje..

abraços e petonets siderais
CRÓNICA PARADEROS E CONNECTORES
CRÓNICA PARADEROS E CONNECTORES
CRÓNICA PARADEROS E CONNECTORES
CRÓNICA PARADEROS E CONNECTORES
CRÓNICA PARADEROS E CONNECTORES
CRÓNICA PARADEROS E CONNECTORES

JPEG - 2.3 MB
JPEG - 2.3 MB

CRÓNICA PARADEROS E CONNECTORES

CRÓNICA PARADEROS E CONNECTORES
Enviar comentario
Comentarios
24 de xaneiro do 2010 11:25

moi boa cronica madamme, con ganas de un encontro aqui...jejejeee...

bicos frescos

24 de xaneiro do 2010 17:07, por chiu

Estupenda crónica, da gusto leerte men

abrazo

chiu

25 de xaneiro do 2010 11:27, por mdmme

Obrigado compas, e desculpas polo retraso da crónica...
a verdade que foi un puntazo estar alí, moi boa enerxía e ganas, ademáis a rede Contenedores-Colectivos vai collendo forma pouco a pouco, o que engade moita forza aos proxectos que a conforman. En breve esperamos estarán por estos lares Paula e Guille presentando o libro e o docu sobre este invento.

chaos!!!