Cambio nos comentarios de alg-a
domingo, 9 de marzo do 2008, por Berio Molina.

Ola queridas alg-as!.

Unha pequena breve para informarvos sobre un detallín no funcionamento de alg-a.

Na última semana recibimos dous ataques de spam masivo polo sistema de comentarios da páxina. Mentres buscamos unha solución para que non se produzan máis, agora os comentarios non será publicados directamente según sexan escritos, senón que terán que ser aprobados polo equipo de administración da páxina.
Este sistema será o que empreguemos mentres non atopemos outra solución para frear o spam.

Sentimos as molestias e gracias pola vosa atención!

Saúdos!

Enviar comentario