Se tes 14 ou máis apúntate ao Campamento Creativo de Verán Alg-a, alí poderemos xuntar as nosas ideas, experiencias e coñecementos para contar o que sentimos sobre a parroquia ou sobre o que decidamos.
No Alg-a Laboratório o dicimos con música electrónica, ruído, videoarte, poesía, danza, arquitectura...
CULTURA LIBRE!
Sons, imaxes, historias e formas de vida...entre todxs atoparemos o mellor xeito para que a nosa voz se escoite na parroquia (e no planeta...^_^). Folleto explicativo + Doosier completo.
O QUE PENSAMOS FACER:
O tema é xuntarnos e a través de 3 talleres (CORPO, SON, VERBA) e contar o que teñamos que contar.
:: PALABRA (taller de escrita criativa: María Lado)
composición de pòemas/textos a partir de historias ou contos do imaxinario dá parroquia
diferentes técnicas para levar unha idea a un texto, poema ou novela
:: SON (laboratorio de creación sonora colectiva: mdmme/alg-a)
improvisación sonora colectiva (como facer boa música sen coñecementos musicais)
mapa sonoro de Valladares (procura e captura dos sons dá parroquia que máis marcáronnos nas nosas vidas e subilos a un mapa en internet)
música electrónica (aprende a facer unha sesión)
:: VÍDEODANZA (taller de imaxe e movemento: Man Hauser/Teatro Resoante)
propiocepción do teu corpo a través de webcams, sensores...
gravación e edición de vídeo (aprende a facer unha sesión de vídeo)
live performance (todo xunto en directo!)
actividades complementarias
+ proxecións (documentais, filmes, curtas)
+ horta/permacultura
+ astronomía
COMO?
+ presentación
9.00/10.00: asemblea
preparación colectiva dos contidos do día
10.00/10.45: nodo corpo
dinámica enerxética (todxs)
10.45 a 13.15: talleres
13.20/14.00
posta en común nodos
+ concertos/performances públicas colectivas (venres)
INSCRICIÓN
email. lab@alg-a.org
móbil. 600 708 450 (Manuel)
data límite: 25 de Xuño
DATAS: 2 ao 31 de XULLO
LUGAR: colectores alg-a lab
HORARIOS: luns a venres de 9.00 A 14.00h
IDADES. apartir de 14 anos
PREZO: 160 euros
PRAZAS: min 12 / máx 20 rapacxs
IMPARTEN: María Lado (poeta) + mdmme (músico e investigador sonoro) + Man Hauser (filósofo e performer)