Can de palleiro en Sargadelos
Despois de estar presente nas edicións da Feira do Humor de Silleda e do Salón do libro infantil e xuvenil de Pontevedra, a exposición Can de Palleiro, organizada por AGPI (Asociación Galega de Profesionais da Ilustración) en colaboración co Concello da Coruña, visitará a Galería Sargadelos de Barcelona.
Esta mostra recolle o traballo de case 50 ilustradores galegos de diversas xeracións: Kiko da Silva, Jaime Asensi, Alberto Guitián, Manel Cráneo, Miguelanxo Prado, Noemí López, Patricia Castelao, etc...
Na inauguración o vindeiro xoves 16 de novembro estará presente Alberto Guitián, (vocal de AGPI e participante na mostra) e Horacio Altuna, presidente da APIC (Associació Professional d’Il·lustradors de Catalunya)
O Presidente de AGPI, Manel Cráneo, resume nestes fragmentos o espíritu desta mostra:
"No 2005 buscando o tema para unha primeira exposisción representativa do AGPI soou o ouveo do can de palleiro, unha especie autóctona e protexida con denominación de orixe.Pareceunos que os ilustradores galegos tamén podiamos reclamar a nosa denominación de orixe mediante a promoción conxunta do noso traballo e que o mesmísimo can de palleiro podería ser o eixo temático da mostra.O can de palleiro marca un antes e un despois no mundo da ilustración galega, e estou seguro de que é tan só o primeiro cachorro dunha camada numerosa aínda por chegar"
Máis información:
http://agpilustracion.org/index.php
Exposición on-line:
http://agpilustracion.org/galeria/can-de-palleiro/