O mundo do son e os visuais e a súa correlación desembocou, dende hai xa tempo, nunha grande masa de creadores que partindo de principios estéticos como a visualización do son (sound visualitation), audio landscapes, sincronización vj e demáis, veñen realizando traballos que trascenden máis aló da mera suma de duas ferramentas ou materias (ver tamén o recente artigo publicado en mediateletipos sobre cimática e cinestésia).
De entre estes creadores destaca o grande flight404, de quen xa fixemos referencia en alg-a anteriormente e recentemente vén pegando forte en Vimeo Candas Sisman, un creador turco que mostra unha grande habilidade para comunicar o audio e os visuais.
Aquí vos quedan uns videos de ambos creadores:
Audio-generated landscape 2 from flight404 on Vimeo.
Audio Landscape, vortex from flight404 on Vimeo.