Cangas non se vende
domingo, 3 de decembro do 2006, por srpause.

...e a chuvia púxose solidaria, e tomou a decisión de non aparecer.

O sábado 2 fixemos doblete en eventos de recuperación de espazos que nos afectan: pola mañán collimo-lo barco ata Cangas para participar na Marcha pola defensa da ría; e pola tarde estabamos de volta en Vigo para o roteiro polo casco vello, convocado por Precari@s en loita e secundado por multitude de colectivos (entre eles, alg-a.org), denunciando o abandono de vivendas.

En Cangas, coñecimos de primeira mán a situación da impresionante fábrica de Massó, emblema industrial da vila que está ameazada con converterse nun centro comercial, hotel de luxo e bloque de vivendas, cofinanciado por Caixanova. Todo iste complexo dentro da ilegalidade, pois os terreos son orixinalmente unha cesión a Frigoríficos do Morrazo, quen os vendeu facendo caso omiso a esta calidade de cesión. E por suposto, imcumplindo Lei de costas. Todo nolo explicaron a xente dos colectivos participantes, nos que destaca Cangas non se vende, colectivo que leva máis dun ano parando as obras e evitando recheos cada día (facendo turnos de mañan e tarde), ademáis de interpoñer recursos legais e convocar manifestacións multitudinarias en Cangas).

Xa de volta a Vigo, camiñamos polas rúas ruinosas do casco vello, colocando unha pancarta nos muros da Panificadora e placas nas vivendas abandoadas onde se podía ler: " en proceso de Especulación. non sentimo-las molestias". Ademáis, íanse repartindo follas explicativas entre os veciños, que acolleron moi ben a iniciativa.
A xornada acabou cun magosto na praza da Princesa, onde puidemos coñecer xente moi interesante e activa no eido social, entre eles a xente da Cova dos Ratos (Javi), un centro social autoxestionado, cos que agardamos poder organizar actividades conxuntas, como a próxima proxección do documental "Topografías do abandono" e obradoiros.

En definitiva, cada vez hai unha rede máis ampla de xente concienciada urbanística e paisaxísticamente. Non é unha cuestión de estética, é unha cuestión económica e de calidade de vida que nos afecta a todos.

Dende alg-a, seguiremos nesta "conquista do espazo", unidos ó resto do colectivos e individu@s que loitan contra esta particular desertización.

*en breve, os videos do que Tasha e maís eu vimos e participamos tanto en Cangas como no casco vello.

Comentarios
4 de decembro do 2006 06:25

A semana pasada aprobouse unha axuda da Xunta e concello de Vigo para recuperar o casco vello de vigo e a maioría das viviendas serán de protección social, supoño que entón a especulación darase nos baixos.
Parabens por estar ahí a Tasha e Roi,
Antía.

11 de decembro do 2006 09:49, por lksf

Non podo estar dacordo con este comentario por varias razóns, a primeira é unha cuestión de fe (ou máis ben de falta da mesma) non ten nada de especial que Corina e a Xunta en época preelectoral prometan unha chuvia de millóns para o enésimo plan máxico que solucionará o Casco Vello, cando en todo estes anos o que observamos é o aumento do deterioro do barrio e como os sucesivo plans quedaban en nada.

Ademais esa recuperación centraríase na parte alta entre o Concello e Paseo de Alfonso, sen tocar a Panificadora por suposto, nin o barrio do Cura, e na parte baixa seguirán a paso de tortuga a mercar algúns edificios e deixar que sigan caindo a cachos como están facendo agora, mentras as inmobiliarias xa se fixeron coa maior parte,

E as promesas de protección oficial sobre a rehabilitación de 200 vivendas e a protección dos actuais residentes, vai en contra do que se fixo ata o de agora, con dezasete vivendas construidas no barrio para alugar a xente nova e que levan cinco anos baleiras.

A vivenda de protección nas mans de administracións corruptas e das promotoras non evita a especulación, como xa se viu en San Paio de Navia ou en tantas cidades onde moi cedo entran no mercado inmobiliario, véndense polo prezo fixado e logo outro tanto en "negro", e en definitiva a recuperación social non é só arreglar edificios, senón programas reais contra a pobreza, a marxinación ou a exclusión.

Quizá a parte de que se rehabilitarán moitos baixos sexa certa, para timar aos turistas que nos visitan ou aos universitarios que se quere que vivan no barrio e cambien a poboación "marxinal" e pouco "chic", en calquera caso o Centro Comercial da Laxe sí é a realidade monstruosa que está transformando/destrozando a zona.

E por último a parte de concurso internacional de ideas e tal (300.000 euros), o que cheira é a máis do mesmo, un modelo xa empregado en moitas cidades para a rehabilitación de cascos históricos, mediante a museización, barrio limpo e moi bonito, pero sen rastro dos seus antigos moradores e con moita hostelería chachi piruli.

.