Carlos Suárez na XCE 30-12-2009

Actuación de Carlos Suárez na XCE (Xuntanza de Creadores Experimentais), que tivo lugar no Lab alg-a.

Outubro do 2009.

Comentarios
23 de setembro do 2010 10:05, por man_hauser ii

O tema da paisaxe sonora está intimamente relacionada coa esquizoanálise; polo que se trata finalmente dun feliz encontro! que non é pouco, para nada. Quero dicir: dúas liñas de investigación que se atopan, que se cruzan de súpeto cando as dúas tiñan motivacións e miras diferentes; motores diferentes. Dá gusto ver cómo para alg-a a paisaxe sonora e a arte sonora é unha realidade.

A miña investigación en esquizoanálise levoume á imaxe, ao escenográfico, ao teatro, ao cinema, á danza. E agora cabe ver cómo poderiamos conxugar. A miña proposta está en ESQUIZOANÁLISE LAB (http://proxectoderriba.org/wikim/index.php?title=ESQUIZOANÁLISE) do que xa vos teño falado a varias. As referencias da paisaxe sonora de Murray Schafer (Gregory Bateson) son as mesmas que as de Deleuze-Guattari en MIL MESETAS. E non hai que profundizar máis que un pouco para comezar a tirar do fío e ver un montón de conexións, relacións, choques, estoupidos...
Me parece que non podemos desaproveitar esta ocasión e que, inclñuso, por descoñecernos previamente, o encontro que acontece, ten ainda máis potencia, pois funciona xa (ou pode funcionar) como máquina, coa súa correspondente independencia na fabricación e recreación das súas pezas.

moderación a priori

Este foro é moderado a priori : a súa contribución non aparecerá namentres non sexa aprobada por un administrador do web.

Quen é vostede?
Votre message
  • Ce formulaire accepte les raccourcis SPIP [->url] {{gras}} {italique} <quote> <code> et le code HTML <q> <del> <ins>. Pour créer des paragraphes, laissez simplement des lignes vides.