Carlos Suárez publica un novo disco
xoves, 14 de agosto do 2008, por Berio Molina.

Carlos Suárez, coñecido artista sonoro galego polas súas investigacións no campo das paisaxes sonoras e por ser especialista en percusións e ritmos sudamericanos e especialmente venezolanos, vén de publicar un novo traballo no netlabel alg-a, Metáforas do tempo:

alg042 - Metáforas do tempo - Carlos Suárez

Segundo nos conta o propio autor:

"Os recintos resonantes da atemporalidad transcriben as inscricións do espírito, desdobrándoas como unha metáfora sonora. Pero é preciso prestar atención para poder escoitarlas, enfrontar o mundo como presenza global, e non como unha realidade limitada ao noso ego, pois desta forma non se catalizan as revelacións do tempo. O oráculo é sempre terrible, pois, que utilidade ten un oráculo da felicidade?. Sen embargo só eses son cridos, pois o oráculo útil non é aceptado, e condénaselle a permanecer nas sombras silenciado pola síndrome de Cassandra, que afecta á sociedade contemporánea."

Carlos Suárez publica un novo disco
Enviar comentario