Carta dixital ós Reis Magos (Nautiles e demáis).
Na entrada dun colexio público aparecía pintada a frase seguinte:
"os reis son os pais". No colexio xa se sabe, educación
industrial. O coñecemento por trimestres. E o fluxo de información
non chega as últimas páxinas dos libros de texto. E así,
as décadas seguen sendo décadas, a baba caracolesca do funcionario
deixa o seu rastro, do día 13 de Novembro pasamos o 28 de Decembro con
petróleo no Obradoiro (inocentada na Tv) etc… Unha cultura que
se tambalea en cimentos de terracota.
Quizáis os nenos dánse conta dunha nova realidade. Nós continuamos nesa idea. Con ilusión por facer cousas fóra de todo.
Queridos Reis Magos: para o ano 2005 desexo que a xente dos tirantes, os gordos que moven o mundo, deixen traballar a xente que ten ilusión por crear, en calquer ámbito das Artes e da Cultura. Dende está comunidade, intentamos crear unha estructura sólida para axudar a difundir espacios e ideas similares a nosa. Que a Arte galega se solidifique, lonxe de amiguismos e subvencións de intereses varios.
Féliz ano 2005 a tod@s!
a ver cando deixas de desmontar aparatiños pa facerlle fotos¡¡¡... estou cntigo, isaake, algun dia daranse conta de k nos necesitan para ventilarlles o fume dos puros k lles taponan o careto... xa viran, xa , e probaran as nosas acuatic-delicatessen... bicos e feliz solsticio de inverno tumb ch tumb ch tumb ch
ig