Unha Coalición mundial velará polo respecto dos dereitos civís de cidadáns e artistas na era dixital:
En resposta ás presións dos lobbies da industria cultural sobre o parlamento Europeo e os parlamentos nacionais, constitúese unha xigantesca coalición a escala mundial, que velará polo respecto dos dereitos civís de cidadáns e artistas na era dixital.
Desde hoxe difúndese mundialmente a "Carta pola innovación, a creatividade e o acceso ao coñecemento".
Durante os pasados días, a prensa fixo eco do acordo ao chegaron os órganos de goberno europeos relativo á "protección" do acceso a Internet. É o chamado Paquete de Telecomunicacións. O resultado foi unha decisión ambigua, pero, afortunadamente, moi afastada dos desexos dos lobbies da industria do entretemento, que pretendían impor o corte do acceso á Rede dos cidadáns.
Os matices que se engadiron en defensa dos dereitos fundamentais e das xurisdicións de cada país foron froito do esforzo de centos de organizacións e milleiros de cidadáns, que fixeron presión aos eurparlamentarios, e con ela conseguiron contrarrestar as presións dos lobbies da industria de Hollywood, editoriais do entretemento, entidades de xestión e equivalentes.
Este caso, como outros moitos previos, deixou manifesto da necesidade da sociedade civil de organizarse e estruturar demandas firmes para que os seus dereitos sexan respectados na adaptación das leis aos novos avances estruturais da era dixital.
Máis de 100 especialistas e organizacións de gran relevo provenientes de 20 países diferentes participaron a semana pasada no Foro de Cultura de Barcelona e crearon unha coalición a escala mundial para o respecto dos dereitos civís de cidadáns e artistas na era dixital. Este encontro constitúe o comezo dunha ofensiva sen precedentes da sociedade civil en defensa dos dereitos fundamentais na era dixital, desde os dereitos de expresión, aos dereitos de acceso á cultura e ao coñecemento, a defensa dunha xusta repartición dos dereitos de autor e o recoñecemento do autor real, pasando pola inviolabilidad das comunicacións e da privacidade e a neutralidade do acceso a Internet como grandes pancas de transformación de relacións económicas, políticas, sociais e culturais.
Tras tres días de intenso traballo acordouse a "Carta pola innovación, a creatividade e o acceso ao coñecemento". A Carta, que convida os cidadáns a sumarse a ela e a que a usen nas súas reivindicacións e demandas, será difundida mundialmente a través de interpelacións oficiais e accións virales de todo tipo.
A Carta farase chegar a máis de 1000 institucións políticas e gobernos, desde a OMPI até a administración Obama, pasando pola Comisión Europea e os gobernos nacionais de todo o mundo. Algunhas destas organizacións manifestaron xa o seu interese en escoitar as demandas, e dous representantes da Comisión Europea e observadores oficiais do Ministerio de Cultura de Brasil estiveron presentes, entre outras institucións, na aprobación da Carta.
A campaña interpelará con particular atención o goberno español, que exhibiu a regulación da contorna dixital como unha das súas bandeiras no primeiro semestre de 2010, cando presidirá Europa.
Vídeo viral: http://www.youtube.com/watch?v=2vGL...
Fotos en alta resolución: http://conservas.tk/_MG_6802.jpg http://conservas.tk/_MG_7163.jpg