Casas Doentes. Exposición na Fundación Pedro Barrie de la Maza [Vigo] dende o 15 de xaneiro ata o 1 de abril de 2007. Obra fotográfica de Manuel Sendón.
“No mundo rural galego a casa ten un significado moi especial e hoxe un gran numero delas están abandonadas, deterioradas ou en ruínas. Unhas semellan estaren cegas, outras mudas e todas elas doentes no doble sentido da palabra.
Durante un ano estiven a fotografar estas casas doentes ao longo de toda Galiza. O meu obxectivo non era dun estudioso da arquitectura, non pretedín establecer un catálogo nin tipoloxía algunha, e aínda que as características destas casas aparecen claramente reflectidas nas fotografías, o meu achegamento situase noutro campo, interesándome fundamentalmente a capacidade de suxestión das imaxes creadas ”