Chanel ameaza a Le chanelas.
mércores, 30 de maio do 2007, por Berio Molina.
categorías: Acción Social

A marca de roupa CHANEL, ameaza ao colectivo Le chanelas por incluír a palabra CHANEL, dentro do dominio lechanelas.com

A marca de roupa CHANEL, enviou unha carta a Le chanelas.com con data de 22 de maio, donde lle explicaba que non podían empregar ningún dominio onde aparecera a palabra chanel, polo que debería mudar o dominio a por exemplo lechannnelas.com. Seguindo as leis nas que dice apoiarse CHANEL, naide podería coller un dominio, aínda que estivera libre, onde aparecera CHANEL, como por exemplo chaneloso.com, chanel34.com, etc...

CHANEL, pídelle a lechanelas.com, que devolva a carta firmada e un xustificante que diga que renuncia ao dominio lechanelas.com, e que si non o fai en duas semanas, serán denunciados.

¿Cómo é posible que sendo propietario dun dominio como lechanelas.com, Chanel che diga que non o podes empregar? ¿Cómo teñen a desfachatez de exercer o poder de tal maneira sobre os outros? ¿Cómo é posible que se salten os rexistros da propiedade, amparándose precisamente nestes mesmos?

En alg-a iremos informando como se vai desenvolvendo esta ameaza.

Enviar comentario
Comentarios
30 de maio do 2007 03:23, por Antia

So añadir que le chanelas ten un significado no diccionario Larousse.Chanelar significa : entender,comprender.Polo tanto le entiendes, le comprendes sería o significado final do asunto....supoño que o verbo será máis antigo que a marca...
Como membro do colectivo anunciar que imos loitar!!!

30 de maio do 2007 03:58, por nela

les debeis dar miedo, sois buena competencia....jajjaaja,
"eu lechanelas"
apoio ao colectivo lechanelas para o que sexa...
sempre!!!

muak e forza, moita forza.....un motivo mais para seguir adiante co proxecto que levades desde fai tempo.......

www.nelaque.org

30 de maio do 2007 06:36, por isaac

Se é iso o que queren deberían de mercar tódolos dominios que contengan chanel, ¿non?.

Un dos casos máis coñecido relacionados cos dominios, que debe contarse por miles de quero e non podo, é o da disputa entre a empresa americana eToys.com contra o colectivo artístico suízo Etoy.com, unha trifulca monumental pola posesión do dominio (a pesar de que non é igual e os intereses totalmente distintos).

Converteuse este feito nunha loita, a puntualización de que a represión e o poder económico non son moeda de cambio lexítimas no ciberespazo. O xogo sucio da filial americana por facer desaparecer ao colectivo artístico, aludindo a que a súa presenza na rede confundía en certo modo a súa actividade económica lles convirtiu no punto de mira da ciberprotesta mundial.

Un simple script a modo de loop na parrilla en liña de compra da empresa colapso as súas vendas a cero. O "soldado" de etoy.com adquiría produtos diversos cancelando a operación no momento de pago, así durante as 24 horas do día, facendo que a empresa non vendese un só artigo. Esa mala imaxe de eToy.com fixo que lle pasase factura á súa cotización en bolsa.

31 de maio do 2007 05:09, por laura

TA CHANN!
ELAS Si QUE LLECHANAn!
chanelas ao poder!!!!

30 de maio do 2007 07:04, por silvia

Dende logo que vamos a loitar por defende-lo noso nome, porque como el mesmo indica le chanelamos máis que chanel.
Estou en proceso de radacción dunha carta para ver se podemos arreglalo polas boas.
A única conclusión posible desta historia é que Chanel están facendo un abuso de poder fora de lugar.
Esperemos que non teñamos que chegar ós puños ou a xuicio

Categorías
Berio Molina