Charla-Obradoiro de Linux e Software Libre
xoves, 19 de outubro do 2006, por Berio Molina.
categorías: Axenda

Charla-Obradoiro de Linux e Software Libre que comezan o Venres 27 de Outubro no Auditorio de Vilagarcía cunha charla e rematan o Sábado 28 de Outubro no Centro Cultural da Torre cun Obradoiro de Linux.

Organizado por Galiza Nova, patrocinado pola Concellaría da Xuventude do Concello de Vilagarcía de Arousa e coa colaboración de AGNIX e Mancomun.org

A charla comeza o venres 27 ás 20:30 h. no Salón de Conferencias do Auditorio de Vilagarcía na que falara Roberto Brenlla sobre “Achegamento ao Software Libre”, na que nos falara sobre Linux e software libre 1 e veremos vídeos simpáticos acerca do Software Libre.

Xa no Sábado 28 de Outubro as 12:00 h. no Centro Cultural da Torre en Vilagarcía de Arousa, faremos o Obradoiro de Achegamento ao GNIX (live-cd 2), na que Xabier Alonso nos mostrara algúns dos entresixos de Linux así como a facilidade de uso deste sistema operativo, tamén se verá o OpenOffice.org e ferramentas de Deseño Gráfico .

Información copiada e pegada da nota de prensa do evento

Enviar comentario
Categorías
Berio Molina