Nova triste en referencia a Telefon Tel Aviv, un dos seus dous membros, Charles Cooper, faleceu á idade de 31 anos en estranas circunstancias. Un suceso que conmocionou a moita xente. Telefon Tel Aviv sacou o seu esperado terceiro disco "Inmolate yourself" tan só dous días antes do seu falecemento. Algúns de nós tivemos certa relación con eles, xa que estiveron tocando na presentación do Festival Ifi na edición do 2004 e desde entón convertéronse nunha referencia coa súa música. Para min unha das miñas bandas favoritas. Tan só, con estas palabras, mandarlle as nosas máis sinceras condolencias a Joshua Eustis (a outra metade de TTA), a familiares e amigos. E que Charles descanse en paz onde queira que estea.