Chefa Alonso & Albert Kaul no net label alg-a
sábado, 19 de xuño do 2010, por isaac-cordal.

El ojo del huracán é un traballo de improvisación libre realizado por Chefa Alonso ao saxo soprano e percusións e Albert Kaul ao piano.

alg055- Chefa Alonso & Albert Kaul - El ojo del huracán

Chefa Alonso (A Coruña) adícase dende 1995 á interpretación e ensino da música improvisada e á composición e interpretación de música para teatro e danza, formando parte do colectivo Musicalibre, co que organiza anualmente o Festival Internacional de Improvisación de Madrid, Hurta Cordel. É coordinadora das edicións Hurta Cordel 2003 e 2004, na Casa Encendida.
É profesora de improvisación.

Albert Kaul (Alemaña) está interesado en atravesar as fronteiras que marcan os límites entre os diferentes estilos musicais, entre a improvisación e composición, música e outros xéneros. Está interesado en sacar á superficie aspectos da comunicación tales como o ensino, o aprendizaxe, a actuación e a experiencia da audiencia.

Chefa Alonso & Albert Kaul

Biografía completa

Deseño e ilustración por Antía Sánchez.

Comentarios
28 de xuño do 2010 05:36, por isaac-cordal
.