Chiu Longina e Isaac Cordal no Medialab Prado
mércores, 10 de outubro do 2007, por Berio Molina.
categorías: Axenda

O Medialab-Prado de Madrid, organiza os encontros AVLAB, coordinados por Daniel González, que contará na súa oitaba edición coa participación dos alg-as Chiu Longina e Isaac Cordal.

Avlab é unha plataforma de encontro para a creación e a fifusión das artes sonoras e visuais baixo o concepto común de proceso aberto e colaborativo.

Terá lugar o 13 de Outubro ás 19H, e neste encontro mostraránse os seguintes proxectos.

Chiu Longina mostrará o cluster artesonoro.org e mediateletipos, así como escoitar.org.

Isaac Cordal mostrará o netlabel alg-a, unha das súas pezas sonoras que estará instalada no Medialab, e sobre un proxecto en colaboración que estamos facendo sobre o machaque sonoro de varios netlabels.

Tamén estarán Concha Jeréz e José Iges, dous dos máis importantes referentes no mundo da arte sonora da península, que estarán presentando o proxecto Radio Ramificaciones, unha compilación online de pezas sonoras que se relacionan con instalacións e obras.

Máis info na páxina do medialab

Enviar comentario
Comentarios
11 de outubro do 2007 04:26

Sorte rapaces!Ten moi boa pinta!
Antía

11 de outubro do 2007 06:27, por nela

ei....que guay non si?
pois iso......que moita sorte e animos.viva alg-a
viva

14 de outubro do 2007 06:10, por danhauser

Ben, só quería dicirvos que tiven a oportunidade de presencia-las vosas presentazóns no Medialab, e que me parece que estades a facer un traballo moi interesante (aínda que supoño que xa o saberedes). Espero que atopedes axiña un solar onde pranta-lo voso lab e sorte á xente de escoitar en NY. Un saúdo dende o exilio...

14 de outubro do 2007 11:22, por chiu

Grazas danhauser
encanto apareza o espazo para o LAB farémolo público
aperta
chiu e isaac

Categorías
Berio Molina