Ciber0bradoiros
sábado, 11 de novembro do 2006, por Jevira.
categorías: Axenda

Desde a sección maís cyborg da Asociación Cultural Caleidoskopio autonomeada como trebe-lab botamos a andar unha serie de obradoiros informáticos prácticos, de caracter gratuito (pero se nos invitades ou regalades algo seria estupendo!!! ;)
Os obradoiros impartiranse no local da Asociación "Cova dos Ratos" (Romil 3 Vigo).

Comenzaremos o vindeiro Sábado 25 ás 11:00 am

- Instalación de GNU/Linux -

Comenzaremos vendo os puntos chave para facer unha instalación básica e logo comentaremos as chaves para funcionar, actualizar e configurar dando as primeiras pegadas... Linux e un sistema operativo libre é 100% funcional para a práctica totalidade dos usos, un exemplo notorio de que o copyleft e unha moi boa idea, que non vai para nada reñida con productos dunha altísima calidade e mantendo unha filosófía de comunidade.

Se podes trae o teu cacharro! Se non queres cargar co monitor contacta pois podemos usar os monitores do cyber da Asociación durante o proceso de instalación. Se tes datos importantes, fai copia de seguridade antes!

E para maís adiante temos programado:

- Usos básicos de internet (especial para colectivos sociais)
- Deseño gráfico básico con software libre
- Ofimática con software libre

Como iniciatiba aberta que é... podedes tanto propor como levar adiante outros obradoiros (que tal un de pd?)

Para maís info... contactade... non mordemos... moito!


E por certo... xá por fin temos microondas para todas... pusemos o dichoso wi-fi

Enviar comentario
Categorías
Jevira