Ata ó 19 do 08 do 2008, no Museo Verbum, Casa das Palabras de Vigo, poderemos disfrutar do Ciclo de
O obxectivo deste ciclo de Cinemas Dixitais é achegar ao cidadán galego os problemas cos que se pode enfrontar no seu día a día e que tome conciencia deles. Así, entre os documentais seleccionados podemos atopar producións televisivas, longametraxes subvencionadas,
curtametraxes de creadores individuais ou produción independente...
A Consellería de Cultura e Deporte, a través da Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural e a Axencia Audiovisual Galega, en colaboración co IGAEM, presenta, no museo Verbum - Casa
das Palabras, o ciclo de Cinemas Dixitais que volven ás pantallas dos concellos galegos cunha programación baseada en telefilmes e en documentais galegos. Algunhas das películas exhibidas serán A Atlántida, Autopsia, Condenado a vivir, Entre bateas, O tesouro (de Ánxel Fole), O partido...
Estes seleccionáronse tomando como referencia catro grandes temas de actualidade na nosa sociedade:a vivenda-urbanismo,a memoria histórica, a emigración e os movementos sociais.
Podes ver o .pdf da programación aquí