Clausura NóssomossòN
luns, 23 de abril do 2012, por madamme.

Venres 27 d Avril ás 20.30: Concerto no espazo Normal d A Coruña

Remata a exposición comisariada por Alg-a sobre tecnoloxía e cultura aural cun concerto único: Alg-a + Parto + Escoitar.org.

Alg-a + Parto + Escoitar.org, 3 comunidades de artistas galegos referentes internacionais no contexto do audio experimental e na investigación sonora, xúntanse por primeira vez na Galiza.

Nesta ocasión, Patxi Valera de Parto, mdmme de Alg-a e Berio Molina de Escoitar.org propoñen un concerto onde mesturarán gravacións de sons da cidade da Coruña, percusión feita con auga e ruídos realizados con aparellos electrónicos, creando sorprendentes texturas sonoras de gran beleza e complexidade.

Enviar comentario