Club Sinsal 012
domingo, 8 de abril do 2012, por Madamme Cell.

Música, cinema, música, fotografía, música, danza, música, maxia, música, cómic, música, moda, música, pintura, música....

O próximo 14 de abril arrincará a nova programación do Festival Sinsal para este 2012. Chámase o Club Sinsal e desenvolverase en diferentes espazos do Museo MARCO de Vigo.

As actividades iniciaranse a partir das 18.00 horas da tarde e, de forma ininterrompida, estarán presentes ao longo de todo o Museo en diferentes espazos e escenarios.

ESCENARIO SALÓN:

PHAEDRA: (con Victor Ferreiro) 19.00 horas

MONTGOLFIER BROTHERS: 21.00 horas

ESCENARIO SUPER8:

ORQUESTRA METAMOVIDA: 18.00-18.30 horas

IGNORANTES: 19.00-19.30 horas

MCOM (Microcolectivoorugamachine): 20.00-20.30 horas

FANTASMAGE: 21.00-21.30 horas

ESCENARIO LABORATORIO:

RECOJO CHATARRA: 18.00-18.30 horas

CARLOS SUAREZ: 19.00-19.30 horas

DRAEN: 20.00-20.30 horas

UCRANIAN BRIDE: 21.00- 21.30 horas

A todos estes concertos hai que sumarlle as presentacións do espazo ESCRITORIO con escritores, A ESCOLA con directos para públicos infantís, PERFORMANCES, SHOWROOM de alumos de Belas Artes e Esdemga, concursos, etc.

Esta semana poranse á venda os bonos de 20 Euros con dereito a todos os escenarios. Despois, o propio día do concerto, haberá entradas por actuación de 5 e 12 Euros.

mercar entradas

Outros escenarios como o ESCRITORIO ou o SHOWROOM son gratuítos.

Máis información en breve.

foto: Ucranian Bride no Alg-a Lab, by DAVID TOMBILLA

Enviar comentario
Categorías
Madamme Cell