A reedición de libros en Internet, e sobre todo se o seu contido trata do presente continuo das leis do código da Cultura libre, convértese nunha reedición que é revisión ou actualización. É curioso que un libro que fala sobre a xeografía digital como é A morte da distancia de Frances Cairncross, na súa segunda edición, (debido a como evoluciona todo tan rápidamente en Internet) o 70 % do seu contido principal sexa novo, e deste xeito, un libro impreso asume actualizaciones propias dos programas de ordenador pasando a chamarse A morte da distancia 2.0. Estamos nunha transición dunha época que como comenta Marc Auge no seu libro Los no lugares, "a historia písanos os talóns".
A nova versión de Code and Other Laws of Cyberspace (1999) de Lawrence Lessig, un dos especialistas en ciberdereito máis importantes a nivel mundial, chámase Codev2. En castelán, pódeis descargarvos Cultura libre traducido por Antonio Córdoba/elastico.net, editado en Traficantes de sueños. Textos imprescindibles!
Un video de Lawrence Lessig:
¿A quen pertence a cultura?
Podedes velo aquí