Comentarios en alg-a. Segunda parte
mércores, 12 de marzo do 2008, por Berio Molina.

Ola organismos mariños!

Na procura de eliminar o spam dos comentarios aos nosos artigos, instalamos o sistema de Captcha, que son as famosas imaxes cuns números e letras que hai que poñer á hora de comentar, como por exemplo esta:

O noso sistema non está tan "currao" e non saca imaxes tan chulas, pero para o caso vale igual e ten un encanto especial así como da "vella escola".

Moitas gracias a erational por desenvolver este plugin para SPIP (o noso CMS), do que agora nos servimos. Vamos a ver que tal resulta!.

Os comentarios volven a ser publicados segundo son enviados, sen ter que ser validados polo equipo de administración da web.

Unha aperta a todos!

Enviar comentario
Comentarios
13 de marzo do 2008 01:45, por antia

Ben por berio e erational!

13 de marzo do 2008 06:31, por berio

Volvín a poñer a moderación do foro polo equipo de administración mentres comprobamos si funciona o Captcha. Onte, ao mesmo tempo que activei o Captcha entrou un montón de spam, e non sei si foi casualidade ou si funciona realmente o Captcha. Así que vou deixar o filtro da validación unhas semanas a ver que pasa.

Unha aperta a todos!!!

13 de marzo do 2008 12:30, por isaac

Podrías poñer imaxes menos triposas?

13 de marzo do 2008 12:44, por berio

buah! eu que che fixen!, a culpa non é miña, é da wikipedia.

en árabe mola mil: http://ar.wikipedia.org/wiki/%D9%83%D8%A7%D8%A8%D8%AA%D8%B4%D8%A7

13 de marzo do 2008 13:19, por is

e máis?
abrazo grande webmaster number one.
Is