Comezou o Ars Electronica
venres, 5 de setembro do 2008, por Berio Molina.
categorías: Festivais

Onte deu comezo o Ars Electronica. O festival de arte, tecnoloxía e sociedade de Linz, Austria que este ano aparece baixo o lema "A new cultural economy", e que terá lugar entre os dias 4 e 9 de setembro

Comisariado por Joichi Ito, un dos xefes (CEO) da organización Creative Commons, activista e inversor capitalista en numerosas compañías de internet como Twiter, Flickr ou Technorati, segundo reza o departamento de prensa do propio festival.

O tema presentase o suficientemente interesante, como para seguir os 5 simposios programados, así coma o resto da programación por streaming no seguinte enderezo.

Tamén estade atentos a mediateletipos.net, porque van a seguir o evento dende Linz, e irán subindo crónicas e impresións.

Nos intentaremos seguir o que poidamos dende aquí, e destacar aquelo que nos pareza de interés, guiándonos polo seu programa.

Comezou o Ars Electronica

Enviar comentario
Categorías
Berio Molina