A través de abstract machine enterámosnos da recente publicación do libro Processing: Creative Coding and Computational Art donde non só explica o funcionamento de processing, senón que ensina conceptos en programación para o code art, como os principios da programación orientada a obxectos. Aprobeitamos a ocasión para facer un listado de sitios donde se pode recurrir para arender a programación ligada á creación. Toda a información está extraída da nova publicada en abstract machine, polo que podedes ir ahí si queredes obter máis información:

+ Na páxina de Casey Reas, un dos fundadores de processing, podedes atopar varia información, exemplos e tutoriales referidos a processing. Actualmente atópase escribindo tamén un libro sobre esta lenguaxe de programación, que parece ser que estará listo para a publicación en breve. Corrixo, acabo de ver na páxina de processing que o libro que se atopaban escribindo Casey Reas e Ben Fry, xa foi publicado o pasado o pasado 24 de agosto, aínda que na páxina do MIT din que o libro se publicará en setembro. O libro chámase Processing: A Programming Handbook for Visual Designers and Artists.

+ Daniel Shiffmann, profesor no ITP da Universidade de Nova Iorque, tamén está escribindo un libro de contidos similares, pero que de momento tampouco está publicado. Na súa páxina e como parte da súa docencia, ten publicado os cursos que da empregando processing, con unha chea de tutoriales e exemplos. Así podemos acceder á asignatura The nature of code , Programming from A to Z, e Introduction to Computational media. Ademáis é unha boa páxina para seguir a actualidade da creación con processing dende o punto de vista pedagóxico

+ Na propia páxina de processing, pódese acceder a varios tutoriales sobre o manexo de processing.

Enviar comentario
Comentarios
18 de xullo do 2007 03:05, por isaac

Moi bo "post" Berito.

18 de xullo do 2007 12:55, por berio

ti si que me post, isaque!

18 de xullo do 2007 15:29, por Isaac

Estás feito un Rochester. Bénvido de volta a Gallaecia virtual. Abrazo grande.

Categorías
Berio Molina