Como publicar un texto en alg-a
mércores, 14 de xuño do 2006, por Berio Molina.

Para poder publicar un texto en alg-a, primeiro tes que subscribirte, se non o estás xa, na seguinte ligazón:http://www.alg-label.com/alga/spip.php?page=organismos

Desde a páxina principal de alg-a, dámoslle ó botón que di entrar.

Logo poñemos o noso login na seguinte ventá e dámoslle a validar.

e seguidademente poñemos o noso contrasinal. Logo dámoslle unha vez máis a validar.

Esta nova ventá que se abriu, forma parte xa da chamada zona privada da web, aquela á que só teñen acceso os redactores e xestores. Ó rexistrarte no web, recibes automaticamente a categoría de redactor, polo que podes propor artigos para calqueira sección do web, e entre elas, á de textos, que é donde imos propor un artigo.

Para iso, dámoslle ó botón que di engadir un novo artigo.
(para propor contido para calqueira sección da web, xa sexa textos, novas, gráficos, artigos do lab alg-a, etc..., se fai dándolle a engadir un novo artigo.
A páxina de alg-a está deseñada para que, dependendo de donde se coloque este artigo (xa sexa que se coloque en textos, novas, gráficos, etc...) colla unha apariencia no web diferente, correspondente á súa sección, veremos os diferentes casos noutros artigos da axuda de alg-a).

Agora imos poñer o texto nos recadros. Empezamos polo título.

Logo seleccionamos a sección donde queremos propor o artigo:

...en textos

...en textos de alg-a (por exemplo)

...e en entrevistas (por exemplo)

...logo dámoslle ó botón elixir.

...logo poñemos o texto do texto...

...e unha vez que rematamos de escribir o texto, dámoslle a rexistrar

Na seguinte ventá, aparecenos o texto xa listo para ser publicado, pero antes imos engadirlle unha ou varias imaxes. Para facer esto dentro da sección de textos, temos tres posibilidades:
1. A primeira poida ser que sexa que só queiramos que apareza unha sóa imaxe no texto, e que nos dea igual donde apareza.
Exemplo: cumpreanos feliz alg-a
2. A segunda darase cando queiramos poñer máis dunha imaxe, e queremos que se mostre como unha galería, dándonos o mesmo en que lugar dentro do texto apareza.
Exemplo: imaxes de census
3. A terceira posibilidade dase cando temos unha ou varias imaxes e queremos que cada unha das imaxes apareza nun lugar determinado dentro do texto.
Exemplo: entrevista a Fran Herbello

1. Para a primeira opción recoméndase que sigades os pasos que se dan no artigo Como publicar unha nova en alg-a

2. Para a segunda opción seguiremos os seguintes pasos:
Primeiro prepararemos as imaxes co editor de imaxes que teñamos no noso ordenador, e gardaremolas en formato jpg, png ou gif todas dentro dun cartafol. As imaxes non deben sobrepasar os 450 px de ancho a 72 de resolución.
Logo faremos un arquivo comprimido en zip do cartafol donde tiñamos ubicadas as imaxes.

Unha vez feito esto, volvemos ó spip, e no cadro donde di anexar un documento dámoslle ó botón examinar

...e buscamos o arquivo zip na nosa máquina...
Cando xa o temos localizado, dámoslle a abrir

...logo dámoslle ó botón subir

Aparecenos unha nova ventá, que fai referencia ó arquivo zip que estamos a subir ó web. Nela nos pregunta que queremos facer con el, si queremos subilo tal cal está, como un arquivo zip, ou si queremos descomprimilo e subir o seu contido.
Neste caso o que nos interesa é subir as imaxes que hai dentro do arquivo zip, polo que marcamos a opción de descomprímase e cada elemento que conteña que sexa instalado no web.

...logo dámoslle a validar...

Tódalas imaxes aparecen debaixo do texto do artigo a modo de mosaico e cuns recadros donde poñer o título da foto e unha pequena descripción. Tampouco é necesario poñela, só si se quere escribir algo expecífico para cada imaxe.

Logo, xa para rematar, dámoslle ó botón de solicitar a publicación desta artigo.

...e xa temos listo o artigo para ser publicado. Con este método as imaxes aparecen automáticamente ubicadas dentro do texto cunha pequena galería, polo que non é necesario facer máis nada. Simplemente esperar a que alguén do equipo de xestión valide e publique o texto.

3. opción: subir imaxes e ubicalas nun lugar determinado dentro do texto:
Entramos na interface de escribir un artigo, ou tamén chamado de modificación dun archivo, e dirixímonos a un recadro que di engadir unha imaxe, OLLO! non confundir co recadro engadir un documento que utilizamos anteriormente.
Dámoslle ó botón examinar para buscar as imaxes a subir...(Como imos a subir varias imasxes, empregamos a subida a través dun arquivo zip como fixemos antes)

...e buscamos o arquivo zip na nosa máquina...
Cando xa o temos localizado, dámoslle a abrir

...logo dámoslle ó botón subir

Marcamos a opción de descomprímase e cada elemento que conteña que sexa instalado no web.

...e logo dámoslle a validar...

Nesta ocasión as imaxes aparecen en lista na marxe da nosa exquerda:

Poñemos o texto do noso texto:

E procedemos a insertar a imaxe dentro do mesmo
Para iso, poñémonos enriba da imaxe e dámoslle ó botón dereito do rato.
No menú despregable que aparece, eliximos a opción copiar la ruta del enlace OLLO! non confundir con copiar la ruta de la imagen.

Imos ó texto e dámoslle a pegar o que acabamos de copiar, donde queremos que apareza a imaxe.

Logo poñemoslle as etiquetas html propias para insertar unha imaxe (máis información sobre as etiquetas html aquí.

Logo seleccionamos a ruta raíz do sitio...

...e a eliminamos.
Isto facémolo para traballar co que se chaman rutas relativas, xa que si empregamos rutas absolutas co directorio raíz da imaxe, si algún dia queremos cambiar a páxina de servidor se romperán tódolos vínculos das rutas absolutas, e as imaxes non se verán nunca máis, a non ser que vaiamos cambiando a ruta de novo unha por unha.
Polo que nos quedaría da seguinte maneira:

...cando rematemos de poñer tódalas imaxes, dámoslle a rexistrar

...e dámoslle ó botón solicitar este artgio para a súa publicación

...neste momento todavía non veremos as imaxes, pero podemos ver como quedou dandolle ó botón previsualizar

..para volver á zona de redacción do texto dámoslle ó botón que aparece na marxe superior dereita, chamado modificar este artigo

E isto é todo, si queres poñer varias fotos no texto, a maneira máis rápida de facelo é a segunda, xa que o proceso é automático. Pero si queres poñer as imaxes nun lugar determinado do texto, non queda máis remedio que facelo a man, como se mostra no terceiro caso.

Espero que vos sexa de axuda e coma sempre unha aperta moi grande.

berio

.