Como publicar unha nova en alg-a
martes, 30 de maio do 2006, por Berio Molina.

Para poder publicar en alg-a, primeiro tes que sibscribirte, se non o estás xa, na seguinte ligazón:http://www.alg-label.com/alga/spip.php?page=organismos

Desde a páxina principal de alg-a, dámoslle ó botón que di entrar.

Logo poñemos o noso login na seguinte ventá e dámoslle a validar.

e seguidademente poñemos o noso contrasinal. Logo dámoslle unha vez máis a validar.

Esta nova ventá que se abriu, forma parte xa da chamada zona privada da web, aquela á que só teñen acceso os redactores e xestores. Ó rexistrarte no web, recibes automaticamente a categoría de redactor, polo que podes propor artigos para calqueira sección do web, e entre elas, á de novas, que é donde imos propor un artigo.

Para iso, dámoslle ó botón que di engadir un novo artigo.
(para propor contido para calqueira sección da web, xa sexa novas, textos, gráficos, artigos do lab alg-a, etc..., se fai dándolle a engadir un novo artigo.
A páxina de alg-a está deseñada para que, dependendo de donde se coloque este artigo (xa sexa que se coloque en novas, textos, gráficos, etc...) colla unha apariencia no web diferente, correspondente á súa sección, veremos os diferentes casos noutros artigos da axuda de alg-a).

Agora imos poñer o texto nos recadros. Empezamos polo título.

Logo seleccionamos a sección donde queremos propor o artigo:

...en novas

...e en internet (por exemplo)

...logo dámoslle ó botón elixir.

...logo poñemos o texto da nova...

...e unha vez que rematamos de escribir a nova, dámoslle a rexistrar

Na seguinte ventá, aparecenos a nova xa lista para ser publicada, pero antes imos engadirlle unha imaxe. Para iso dámoslle ó botón examinar do recadro anexar un documento (do mesmo xeito que anexamos unha imaxe, tamén podemos anexar un son ou un video)...
OLLO! é aconsellable que a imaxe non sexa maior de 450 px de ancho a 72 de resolución, xa que doutra maneira deformaría a composición da páxina en pantallas de resolución baixa.

...e buscamos un arquivo na nosa máquina...
Cando xa o temos localizado, dámoslle a abrir

...logo dámoslle ó botón subir

A imaxe aparece en miniatura nesta nova ventá, lista para aparecer na nova. A web de alg-a está diseñada para que a imaxe apareza automaticamente na nova, polo que non é necesario facer maís nada. Simplemete propór o artigo para a súa publicación dándolle ó botón solicitar a publicación deste artigo

...como efectivamente mostra a seguinte imaxe...

finalmente podes comprobar o estado do teu artigo, e si alguén fixo algún comentario sobre el índo ó panel de control

Podes volver á web dándolle ó botón ver o web

ou fechar a túa sesión de usuario dándolle a saír

E isto é todo, espero que vos sirva de axuda, unha aperta.

Berio.

.