Compartir o nucleo de spip en dreamhost
venres, 29 de xaneiro do 2010, por Berio Molina.

Aquí vai un pequeno tutorial de como facer a chamada mutualización de spip, é decir, compartir o nucleo de spip con varios outros spips, ou dito con outras palabras, como crear varias páxinas webs independentes con tan só un spip, coa grande avantaxe de que actualizando este nucleo spip, actualizanse todas as páxinas webs (demáis spips) de golpe.

Este tutorial está basado en:
Documentación oficial do plugin la mutualisation facile
Un spip para muchos sitios

Este tutorial está centrado en sitios aloxados en dreamhost.

Para saber máis sobre a mutualización, ir á documentacion de spip.net

O primeiro que temos que facer, é definir un sitio donde aloxaremos o nucleo de spip. No noso caso decidimos empregar un subdominio: por exemplo spip.meudominio.net
Unha vez creado, subiremos ahí o arquivo spip_loader.php (instalador spip). Quedándonos a seguinte ruta:
spip.meudominio.net/spip_loader.php

Logo crearemos outro subdominio ou dominio que conterá un dos sitios-páxinas, por exemplo paxina1.meudominio.net, e faremos que apunte hacia spip.meudominio.net. En dreamhost, esto faise cunha ferramenta que se chama mirrowing.
Polo tanto fariamos o seguinte paso por paso:

Creación do subdominio paxina1.meudominio.net

Compartir o nucleo de spip en dreamhost

Logo debemos borrarlle a hospedaxe web, para iso imos á columna de web hosting en manage domains, e dámoslle ao botón delete:

Compartir o nucleo de spip en dreamhost

Logo recargamos a páxina manage domains e dámoslle ao botón add:

Compartir o nucleo de spip en dreamhost

Logo aparécenos unha nova pantalla, donde poderemos facer o mirroring, facemos escroll ata abaixo ata que vexamos o seguinte:

Compartir o nucleo de spip en dreamhost

En "Create the mirror at:" poñemos o subdominio que vén por defecto: paxina1.meudominio.net, e en "Mirror this site:" poñemos o dominio ao que queremos apuntar, que no noso caso é: spip.meudominio.net.

Unha vez feito esto, rematamos a configuración no servidor, e pasamos á configuración spip.

O seguinte paso é instalar spip, para iso poñemos paxina1.meudominio.net/spip_loader.php no noso explorador e dámoslle a enter (en realidade está lendo o arquivo aloxado en spip.meudominio.net).
Facemos a instalación habitual de spip, polo que ao final teremos todos os arquivos de spip instalados en spip.meudominio.net

O seguinte paso é subir os arquivos do plugin La-mutualisation-facile, que están en http://files.spip.org/spip-zone/mutualisation.zip
Este plugin, a diferencia doutros, debe ser subidos á raíz, polo que nos quedaría a seguinte ruta:
spip.meudominio.net/mutualisation

Agora debemos crear un cartafol chamado sites, donde se irán creando os arquivos dos diferentes sitios-páxinas webs. A ruta quedaría como segue:
spip.meudominio.net/sites

O seguinte paso sería crear o arquivo mes_options.php no cartafol config da raíz. O plugin mutualisation trae un de exemplo que se recomenda empregar, chamado mes_options.php.txt. Polo tanto convén copiar o arquivo mes_options.php.txt que está ubicado en
spip.meudominio.net/mutualisation/mes_options.php.txt
e pegalo en
spip.meudominio.net/config/mes_options.php
(quitándolle o .txt final)

Este arquivo debe de ser modificado nos seguinte sitios, poñendo os datos correspondentes á conexión coa base de datos, que son os mesmos que se empregaron para facer a primeira instalación mediante o spip_loader.php:

define ('_INSTALL_SERVER_DB', 'mysql');
define ('_INSTALL_HOST_DB', 'server');
define ('_INSTALL_USER_DB', 'user');  
define ('_INSTALL_PASS_DB', 'pass');
define ('_INSTALL_NAME_DB', 'db');

E mudando as seguintes variables de configuración a gusto do usuario:

demarrer_site($site,
  array(
     'creer_site' => true,  
     'creer_base' => false,  
     'creer_user_base' => false,
     'mail' => '',            
     'code' => 'ecureuil',
     'table_prefix' => true,    
     'cookie_prefix' => true,    
     'repertoire' => 'sites',  
     'url_img_courtes' => true,
  # 'utiliser_panel' => false,
      'url_creer_base' => ''
   )
);

Tamén é preciso mudar a seguinte liña, poñendo a ruta a donde temos o nucleo spip:

define ('_SITES_ADMIN_MUTUALISATION', 'spip.meudominio.net');

Unha vez salvados estes cambios, chegou o momento de facer a instalacións dos novos sitios, para eso podemos cargar de novo o spip_loader.php, indo a paxina1.meudominio.net/spip_loader.php.
Aparecerache unha venta como a seguinte, donde deberás poñer a túa clave de acceso que foi definida anteriormente no arquivo mes_options.php, no noso case a clave é ecureuil.

001
001
Sigue as instruccións e quedará finalizado o proceso de mutualización.

NOTA:
Para actualizar un sitio mutualizado, sube o arquivo spip_loader.php á raíz do núcleo (spip.meudominio.net).
Logo carga o arquivo dende calqueira mutualización, por exemplo paxina1.meudominio.net/spip_loader.php e quedarán actualizados todos os sitios mutualizados que compartan o mesmo núcleo.

Enviar comentario .