Concerto de Carlos Suárez no HackLAB do MARCO
xoves, 19 de abril do 2007, por Chiu Longina.
categorías: Axenda

CONCERTO DE CARLOS SUÁREZ (Compositor e etnomusicólogo) , dentro das actividades do Audio HackLAB Escoitar.org no MARCO de Vigo.

Título da actividade:
Resonancias ontolóxicas, Concerto de percusión e electroacústica.

Data:
Venres 20 de abril

Lugar:
Audio HackLAB Escoitar.org

Hora:
19h.

+ info

No Audio Hacklab instalado no MARCO do colectivo escoitar.org, Carlos Suárez presentará o concerto "Resonancias ontolóxicas", un conxunto de composicións que este artista sonoro creou a partir das sonoridades que recompilou durante as súas investigacións en Venezuela. Tamén se presentará a peza en estrea "O Pulso da Ponte", unha mostra dos resultados obtidos nunha acción realizada polo colectivo na ponte Vella de Lugo (Ponte Romana) e semana pasada, dentro das actividades do Festival de Arte Sonora “Artesons”.

BIO DO ARTISTA
Compositor e etnomusicólogo galego. Ourense. Emigra cos seus pais a Venezuela en 1967 e retorna a Galiza en 2005. No 1986 iníciase o seu traballo como compositor creando mais de 40 obras acústicas e electroacústicas. As súas viaxes de investigación por Venezuela iniciaronse en 1989, principalmente nas áreas culturais indíxena e afrovenezolana, facendo gravacións e estudos sobre a bioloxía acústica das zonas visitadas (paisaxes sonoras). Transcribiu mais de 36.000 compases da música tradicional de todo o mundo. Traballou como investigador para FUNDEF “Fundación de etnomusicología y folklore”, e para FINIDEF “Fundación internacional de etnomusicología y folklore” durante 10 anos. No ano 2006 gaña o premio nacional de cultura polo seu libro, “Los chimbángueles de San Benito”. Participou en múltiples foros e congresos expoñendo o fruto das súas investigacións en Venezuela, Brasil, Colombia, Perú e España. Principalmente sobre composición, etnomusicoloxía e paisaxes sonoras, sobre este tema destacan: “Diferenzas entre a paisaxe gravada, percibida e revelada”, “Análisis e descripción da paisaxe sonora”, e “Paisaxes sonoras e composición”. Foi becado varias veces polo LIEM (o Laboratorio de Electrónica e Informática Musical do Centro para a Difusión da Música Contemporánea de Museo Reina Sofía CDMC-), para a composición de obra electroacústica. Como compositor realizou máis de 40 concertos, creando un corpo de obras musicais que están sustentadas por textos que describen os contidos estéticos e estructuras programáticas das obras.

Enviar comentario
Categorías
Chiu Longina