Concierto en el Norfolk!!!
martes, 13 de outubro do 2009, por Alejandro Durán.

Bodycocktail

Telephones Rouges

Zanstones

Mathrem/Carlos Villena

Joaquín Lana

Domingo 18 de outubro. 21:00. 3 euros.

Pub Norfolk. Pelamios 14. Santiago DC.

+info:

Zan Hoffman (Bodycocktail, Zanstones)

http://www.myspace.com/zanhoffmanlive

Zan Hoffman (Lousville /Kentucky) é un músico e artista visual norteamericano que iniciou nos 80 a súa andaina. Dende entón editou unha innumerable cantidade de material tanto en solitario como en colaboración con outros artistas. Realizou actuacións en Estados Unidos, Dinamarca, Belxica, Holanda ... e en importantes festivais de música experimental como o MEM, Observatori, LEM...

Comenzou a súa carreira a principios dos 80 participando activamente nas redes de intercambio de cintas de cassette entre os artistas experimentais que xurdían por aquela época. Colaborou con artistas da talla de Francisco López, Maurizio Bianchi, Zoviet France, Aidan Baker, Anla Courtis, Rafael Flores(Comando Bruno) ... Na actualidade Zan é considerado unha das figuras relevantes daqueles primeiros anos da música experimental e segue expandiendo a súa rede de colaboradores por medio das relacións a través de internet.

O número de referencias editadas por Zan Hoffman, contando con todos os seus diferentes proxectos, superou xa a referencia número 1000.

Bodycoktail

Proxecto definido polo propio Zan como "proto new wave bent out of shape". Nas actuacións como bodycoktail Zan preséntase coma un excéntrico crooner de voz profunda acompañado de bases eléctronicas e instrumentos tan dispares como flauta melódica, armónica ou roll-up piano.

http://www.vimeo.com/6621409

http://www.youtube.com/watch?v=Zb2yBUXXk5k

http://www.youtube.com/watch?v=t4gT9BYxaVg

http://www.youtube.com/watch?v=ZdVOp9Xl6rM

Zanstones

Proxecto de experimentación sonora iniciado a comezos dos 80. Nas súas actuacións como ZANSTONES, Zan utiliza grabacions de campo das cidades que visita, tomadas xeralmente o mesmo día da actuación, compoñendo con elas un directo único e irrepetible no que as paisaxes sonoras se entremezclan con voces e instrumentos.

http://www.youtube.com/watch?v=X3w9jCDE4q0

Joaquín Lana

Joaquin Lana é un activista sonoro que non fai distincións: codigo, pedais usados/baratos/fodidos, giradiscos, vellas mesas de mestura, microfonos “do chinés” e ata pequenos electrodomésticos… movéndose nun universo bastardo no que o único importante é o nivel de presión sonora .

O seu traballo céntrase principalmente no directo como forma de catarsis , e as súas actuacións enraizan coa mellor tradición do "harshnoise" en canto a ideoloxía e actitude.

http://www.youtube.com/watch?v=9KeRBsL0QcQ

Carlos Villena

Carlos Villena é un músico, productor e diseñador gráfico Barcelonés. Participou en numerosas bandas de experimentación sonora dende 1994. Tamén dirixe o seu propio selo, Mantricum Records.

http://www.mantricum.com

Mathrem

MATHREM presenta: "No Input". Modificación en tempo real da retroalimentación e o ruído residual de cables e pedais, prescindindo totalmente de fontes externas de son.

Telephones Rouges

Telephones Rouges venhen, dende fai dous anos, destrozando orellas co seu proxecto musical, o cal se podería englobar dentro do noise-punk máis salvaxe. Son de Ogrobe (Pontevedra) e neste concerto estarán presentando os seus novos temas que verán a lus nun próximo EP. Ata o de agora tenhen publicado unha primeira maqueta que data de principios do 2008, un primeiro EP editado polo selo de música experimental madrilenho ’For Noise’s Sake’ en febreiro de 2008 e un segundo EP autoeditado que viu a luz a finais do ano pasado. En febreiro quedan semifinalistas do Proyecto Demo do FIB entre máis de 500 proxectos. Ademais de todo isto, forman parte do movemento GALICIAN BIZARRE!.

http://www.myspace.com/telephonesrouges

.