Conclusións Cidade da Cultura
mércores, 4 de outubro do 2006, por Pablo Sánchez.
categorías: Convocatorias

Bueno parece que se chegou a algunha (primeira) conclusión sobre a polémica Cidade da Cultura. Na que se inclue por fin o noso deseado Media-Lab, pero claro está entre un montón de cousas máis.

Entre outras destaca a pobre participación vía internet. Máis info en Cidade da Cultura

Por outro lado destacar as preocupantes declaracións do alcalde Bugallo, decindo que para un edificio grande hai que meter espetáculos "grandes" non vos perdades as novas do xornal. Aínda que estes o utilicen para crear demagoxia.

Xa veremos donde acaba todo.

Enviar comentario
Comentarios
4 de outubro do 2006 06:40, por isaac

...o noso deseado Media-lab??????????????????????????????????????

4 de outubro do 2006 07:35, por srpause

mais ben desexado polos gordos con tirantes que buscan a palabra media-lab no diccionario porque lles soa ben.Para mín, esa "Cidade" é un morto doutra película, que nada ten que ver conosco, e ó que lle vai ser imposible quitarse de enriba ese cheiro a cadaver institucional.

4 de outubro do 2006 12:25, por Pablo

Bueno parece que non estades contentos coa miña expresión "desexado".
Pero máis que nada decirvos que según me informaron oubo xente de ALGA na reunión, e entre as conclusións propostas estaba a de que fixeran un "media-lab", ou taller, obradoiro, espacio de experimentación, estudios... ou como desexes chamalo.

E de acordo a ese requerimento parece que no proxecto preliminar está dalgunha maneira reflexado eso; e de ahí ven a miña expresión.

Outra cousa é que ese concepto se leve a cabo dun xeito eficaz e axeitado a realidade creativa actual. Ou que como queran meter tanto que non singnifique nada.

Pero o que tamén penso e que si algo está ahí e vai ser unha realidade, é máis positivo e constructivo intentar participar nelo, que pecharse en banda e automarxinarse porque perteneza a administración. Si eso son cartos de todos, deberíamos entrar todos a xestionalo ou polo menos os que poidan facer algo positivo. E que polo menos o único que non se una a palabra "todos" sexa que "todos" criticamos...

4 de outubro do 2006 12:48

A min tamén soame extrano leer que por fin teñamos "o noso desexado media-lab", non por "desexado" senon por "noso".E claro que alg-a estivo alí, menos mal, pero aconsellando, non incluindose nun proxecto que non saben como salvar.

4 de outubro do 2006 12:49

Por certo, son Antía.

4 de outubro do 2006 14:20, por Pablo

Sí eso é verdade noso non é nin o será certamente...seguramente só debería decir o desexado. Sería máis correcto.

Creo que me refería o noso pola parte de implicación que nos toca e que lle toca a xente que quere algo parecido, e o que nos implicamos por conseguilo. Nada máis...

Veña un saudiño.

Categorías
Pablo Sánchez