Concurso fotográfico sobre o abandono
mércores, 24 de xaneiro do 2007, por Berio Molina.
categorías: Convocatorias

O colectivo Precarias composto por asociacións como A Revolta, A.X. Luar ou A Cova dos Ratos lanza unha convocatoria de fotografías sobre espacios abandoados:


«Axúdanos a denunciar graficamente a especulación no noso municipio, rebelémonos contra ela, contra as actuais políticas de solo e contra un modelo urbanístico que só beneficia aos intereses inmobiliarios»

O obxectivo da iniciativa é retratar as agresións urbanísticas, as vivendas abandonadas ou as urbanizacións ilegais existentes en Vigo e bisbarra.

O concurso está aberto ata o vindeiro mes de febreiro, e a xente interesada en participar nel pode entregar as súas fotografías en A Cova dos Ratos (Romil, 3, baixo) ou no Centro Social A Revolta (Real, 32, baixo).

Os premios do concurso son un tixolo «para que comeces a construír o teu dereito á vivenda», e un exemplar do libro El tsunami urbanizador español , de Ramón Fernández Durán, asimesmo todas as fotografías serán expostas, primeiro nos centros socias da Cova dos Ratos e A Revolta, e despois en outros lugares que o soliciten.

Queda pouco tempo, así que, animádevos e mandar as vosas fotos!.

Máis información na nova publicada na Voz de Galicia

Enviar comentario
Comentarios
25 de xaneiro do 2007 02:49, por berio

O resultado do concurso tamén será mostrado nunha páxina que estamos elaborando, que conterá un mapa de googlemaps e donde serán ubicados tódolos edificios abandoados, con información acerca da propiedade do mesmo, anos de abandono e as imaxes do edificio.

saaúdos

25 de xaneiro do 2007 04:21

moi boa idea.

Categorías
Berio Molina