A maioría das accións terán lugar en diferentes espazos públicos da cidade de
Pontevedra. Por esta razón, terán prioridade aqueles proxectos que foran
pensados para seren realizados no contorno urbano. Non obstante, debido a
que a climatoloxía quizás non permita programar as accións no exterior,
recoméndase incluír no dossier unha adaptación do proxecto para un espazo
interior. As xornadas realizáranse no mes de novembro de 2009.
BASES Chámalle X. Dímo con humor
Terán prioridade aqueles proxectos que utilicen o humor como principal estratexia discursiva.
No que se refire á produción das performances, advírtese que a Universidade de Vigo unicamente
farase cargo dun equipo básico de luz e son.
Non se admitirán propostas seleccionadas en anteriores convocatorias.
Todas aquelas persoas que desexen participar deberán enviar a seguinte documentación:
1. Dirección postal, teléfono e correo electrónico de contacto
2. Currículo vitae
3. Gravacións de vídeo que recollan a súa traxectoria na performance
4. Catálogos ou outra documentación que se considere significativa
5. Proxecto da performance a realizar. No proxecto especificarase:
a. Breve descrición da acción
b. Adaptación da acción a un espazo interior
c. Ficha técnica na que se debe incluír o ano de realización [especificarase se
é obra inédita], necesidades da acción e duración aproximada.
Rógase que os apartados 1, 2, e 5 se envíen gravados nun CD. A documentación enviarase antes
do día 31 de abril de 2009 a:
CHÁMALLE X - 2009. Edificio Casa das Campás. Rúa de Don Filiberto, nº 9-11
36002. Pontevedra
Unicamente devolveranse aqueles dossieres que teñan franqueo postal e sobre para a
súa devolución.
A aceptación en Chámalle X. Dímo con humor, soamente se comunicará as persoas seleccionadas.
O resultado da selección publicarase a última semana do mes de Xullo de 2009 en:http://belasartes.uvigo.es/chamallex/
O comité de selección estará formado por:
Vicerreitor do Campus de Pontevedra. Universidade de Vigo
Decano da Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo
Coordinador das xornadas
Un especialista de recoñecido prestixio dentro do campo artístico español
A Universidade de Vigo cubrirá os gastos de viaxe, dietas de estancia e comida. Ademais diso,
contémplanse uns honorarios de 450 euros. A todas as retribucións descontaráselles un 15 %
correspondente á retención fiscal.
Grazas pola túa participación.