Convocatoria Festival Piksel09
venres, 17 de xullo do 2009, por Berio Molina.

Outra convocatoria que remata estes dias. Neste caso a do Festival Piksel en Bergen, Noruega.

Podedes consultar as bases na páxina oficial do festival. Aínda que di que o prazo remata o 15 de xullo, este foi extendido ata o 31 do mesmo mes.

A convocatoria ten 4 apartados:
Instalacións, performances audiovisuais, presentacións e obradoiros.

Piksel é un evento internacional para artistas e desarroiadores traballando con tecnoloxías libres e de Open Source. Metade obradoiros, metade festival, está organizado en Bergen, Noruega, e nel participan creadores dende máis de 12 países diferentes para intercambiar ideas, código, presentacións e discusións relacionadas coa estética e política ligada á FLOSS e arte.

Convocatoria Festival Piksel09

.