Convocatoria Multiplensemble: Ópera Interactiva
mércores, 25 de abril do 2012, por Madamme Cell.

VISIÓNS SONORAS SOBRE O LÉREZ (OPERA INTERACTIVA)

Convócase as persoas que desexen participar no proxecto OPERA INTERACTIVA “Visións sonoras sobre o Lérez”, mediante o envío de fotografías, textos, música, videos … inspirados na temática do proxecto (a illa das esculturas e a ponte dos tirantes en Pontevedra).

2º Poderá concorrer a esta convocatoria calquera persoa sen limitación de idade nin de nacionalidade.

3º Os documentos enviados deberán ser inéditos, sendo cada participante responsable da súa orixinalidade, para o cal deberán enviarse xunto cos seguintes datos:

– Título (das fotografías, videos, textos, música …)

– Nome e apelidos

– DNI

– Correo electrónico

4º Os documentos poderanse enviar ata o 30 de abril a seguinte dirección: operainteractiva@gmail.com

http://www.multiplensemble.com

5º Os creadores do espectáculo poderán utilizar estes documentos para a súa elaboración, deste xeito o proceso creativo convírtese nun proceso interactivo.

6º A data do estreo do espectáculo será comunicado na páxina http://www.multiplensemble.com (previsiblemente será a finais de maio - principios de xuño)

Enviar comentario
Categorías
Madamme Cell