Convocatoria OVNI 010
domingo, 7 de febreiro do 2010, por Madamme Cell.
categorías: Axenda, Convocatorias

Apreciados amig@s,

Enviámosvos a convocatoria de traballos para o próximo OVNI 2011, que
terá lugar do 22 ao 27 de Febreiro de 2011 no Centre de Cultura
Contemporània de Barcelona.

Os Arquivos do Observatorio teñen un carácter intencional e temático:
facilitar unha Crítica da Cultura Contemporánea, utilizando diversas
estratexias: vídeo arte, documental independente, arqueoloxía dos mass
media...

A convocatoria é temáticamente aberta dentro dos mencionados
campos...incluíndose tamén a recepción de material sen editar, fondos
de arquivo e materiais atopados ou recuperados.

OVNI 2011 :http://desorg.org

Data límite: 15 de Setembro de 2010.

Por favor pasar a información a quen creades que lle poida interesar.
Grazas pola vosa colaboración.

Saúde!

Enviar comentario
Categorías
Madamme Cell