Con motivo da inauguración do espazo de producción artística ALGA ROJA en :

Rúa do pazo 13, Baixo Bouzas, VIGO

temos pensado invitarvos o día 17 de Maio día das letras galegas ó concerto de

“CÉDULA REPRODUCTORA” Música experimental con Ragaliz na Voz e Carlos no teclado.

e a exposición:

"21"EXPOSICIÓN DE MINIATURAS ARTÍSTICAS
Na que podedes participar seguindo estas indicacións:
Poderán participar na exposición de miniaturas artísticas obras dun máximo 21x21 dúas dimensións, 21x21x21
escultura, 21 segundos son e video, 21 palabras literatura /poesía.
As obras terán que ir acompañadas das súas necesidades técnicas e de exposición concretas.
Haberá unha selección de tódalas obras mandadas axustándose ó espazo expositivo.
As dez obras mais votadas polo público expoñerémolas na galería virtual alg-a.
Podes mandarnos a túa proposta vía web ó seguinte mail:
web: >>antia(a)alg-a(dot)org<<
Unha vez seleccionadas serán recollidas do día 14 ó 16 de maio en alga roja.
Esta exposición durará unha semana (17-24 maio) e se poderá visitar de 17 a 20:30 hs.
Ó remate da exposición cada quen farase responsable da súa obra recolléndoa no local.

.