Convocatoria de proposta de talleres UNIA 010
domingo, 7 de febreiro do 2010, por Madamme Cell.

Convocatoria de proposta de talleres para o Centro de Produción e Experimentación en Contidos Dixitais UNIA en 2010

O Centro de Produción e Experimentación en Contidos Dixitais da Universidade Internacional de Andalucía (UNIA) é unha iniciativa posta en marcha en 2009 co apoio dunha subvención obtida en convocatoria pública a través do programa "Capacitación Tecnolóxica dos Futuros Profesionais da Industria de Contidos Dixitais", promovido pola Entidade Pública Empresarial Rede.é e a Conferencia de Reitores de Universidades Españolas (CRUE). O proxecto do Centro foi elaborado polo equipo de expertos do Espazo-Rede de Prácticas e Culturas Dixitais UNIA (http://pcd.unia.es), que depende do Vicerreitorado de Investigación e Tecnoloxías da Comunicación desta universidade.

Poderán participar nesta convocatoria investigadores, docentes, artistas e outros profesionais de todo o mundo que traballen nalgunha área relacionada coa creación de contidos dixitais.

A través desta convocatoria seleccionaranse propostas de cursos de carácter eminentemente práctico para ser desenvolvidos ao longo de 2010 no Centro de Produción e Experimentación en Contidos Dixitais UNIA, na cidade de Málaga.

+ info

Enviar comentario
Categorías
Madamme Cell