Convocatoria para contidos dixitais interactivos.
venres, 3 de agosto do 2007, por Berio Molina.
categorías: Convocatorias

A Consellaría de Cultura e Deporte abriu estes dias a convocatoria para a concesión de subvencións destinadas ao desenvolvemento e producción de contidos dixitais interactivos en lingua galega. O importe das axudas que ascende a 200.000 euros, repartiranse entre o 2007 e o vindeiro ano.

A subvención poderá acadar un tope máximo en función da excepcionalidade do traballo, de 15.000 euros para os de desenvolvemento de proxectos e de 50.000 euros para os de producción.

O prazo para a presentación das solicitudes é dun mes a partir do 31/07/2007, e poderán ser obxecto de subvencións desta convocatoria todos aqueles proxectos de desenvolvemento e producción de contidos dixitais interactivos en lingua galega, admitíndose proxectos para a internet, televisión dixital interactiva, consolas de videoxogos e dispositivos móbiles.

Máis info na seguinte ligazón:

http://culturaedeporte.xunta.es/actualidade/nova.php?id=386&lg=gal

Enviar comentario
Categorías
Berio Molina