Citamos dende o pdf da convocatoria:
A Asociación Cultural Polaqia abre as súas portas a novos colaboradores/as. Historias breves (para o próximo Barsowia 11), comic-books, álbums ou... ¿quen sabe que tolemia nos poderás propor? Se é bo e nos gústa, todo é posible.
Polaqia publica unha antoloxía semestral de relatos breves en galego (BARSOWIA), unha colección de novelas gráficas en castelán (ROMPEHIELOS), unha colección de minilibros de arte (POLAQIA SKETCHBOOK) e numerosos comic-books, algúns autoconclusivos e outros seriados.
De entrada non impomos formato, xénero, estilo, extensión nin absolutamente ningún tipo de condicionante. Só che pedimos que escollas o teu mellor material, mandar unha parte do traballo completamente acabada (un 10-20% estaría ben) e contar o resto. Podes enviar propostas en calquera idioma con tal de que o entendamos. Ten en conta tamén que en principio traballamos en B/N.
A data límite para esta convocatoria é o 31 de outubro. O 3 de decembro a asociación porase en contacto co/s elixido/s para tratar as condicións da publicación e, se hai acordo entre o colectivo e o autor, en principio temos intención de lanzar as novidades ao longo do primeiro semestre de 2008.
O mail de contacto de Polaqia é:
polaqia(arroba)gmail(punto)com
Podedes descargar o pdf coas bases aquí mesmo:
... ou dende a páxina de Polaqia:
http://www.redegalega.org/polaqia/2007cpcp.pdf